publicidade hoxe

Emotiva investidura de M. Alejandro Lorenzo como alcalde pedáneo de Chenlo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Investidura do alcalde pedáneo de Chenlo

Investidura do alcalde pedáneo de Chenlo

O alcalde pedáneo da Entidade Local Menor de Chenlo, M. Alejandro Lorenzo, tomou posesión onte do que será o seu terceiro mandato á fronte da Entidade, tras ser referendado polos seus propios veciños con preto do 70% do sufraxio emitido as pasadas eleccións do 24 de maio. Con tal motivo, numerosos veciños déronse cita na  sede da Entidade Local Menor de Chenlo para asistir ao pleno de investidura da nova corporación que, finalmente queda constituída con catro vocais, tres deles do Partido Popular: Francisco Domínguez, Daniel González e Jacobo Alonso.

Á sesión plenaria de investidura acudiu o equipo de concelleiros do grupo popular ao completo, encabezado por Nelson Santos, grupo ao que pertence o alcalde pedáneo, M. Alejandro Lorenzo.

“Foron moitos os proxectos levados a cabo nestes anos, moitos os logros conseguidos e todos eles grazas ao esforzo, á unión e á dedicación da que sempre fan gala os veciños de Chenlo”, asegurou Lorenzo no seu discurso, “Cada día Chenlo crece máis, crece en infraestruturas e en servizos. Seguiremos traballando incansablemente, como ata agora viñemos facendo, para seguir avanzando e progresando como nos merecemos os veciños de Chenlo”.

E é que son moitos os avances que presentou esta parroquia porriñesa, empezando por unha importante aposta do equipo de goberno a entidade por levar a cabo unha xestión transparente, por e para os seus veciños. Con tal motivo, a corporación fai públicos todos os seus extractos bancarios que están a disposición de calquera que os queira consultar a través da súa plataforma web www.chenlo.net “unha xestión transparente e eficaz, cuxo único fin é o beneficio de todos e cada un dos veciños de Chenlo”, conclúe Lorenzo.

Durante o seu discurso, o alcalde pedáneo quixo destacar a solvencia da entidade “cunhas contas saneadas que permiten afirmar que a día de hoxe Chenlo é unha entidade estable e con capacidade. Neste sentido, quero agradecer e destacar a importancia  para a nosa parroquia do convenio asinado co Concello do Porriño no ano 2010, un respaldo esencial para Chenlo que antes non se nos deu e que hoxe, aproveitando a súa presenza,  quero agradecer a Nelson Santos”.

Son moitos os  retos con que M. Alejandro Lorenzo  afronta este novo mandato. Continuar mellorando en materia de infraestruturas e dotar de saneamento todos os barrios de Chenlo son algunhas das prioridades de Lorenzo, xunto coa construción dun novo cemiterio, unha dos principais retos que o actual alcalde pedáneo se marcou.

Un emotivo acto, ao que Lorenzo, arroupado polos seus veciños, puxo fin agradecendo a súa confianza “grazas a todos os meus veciños, a todos vós por brindarme novamente a vosa confianza. Temos catro anos por diante na que, coa vosa axuda e apoio, seguiremos traballado por e para Chenlo”.

17 de xuño de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.