Conferencia sobre a historia da parroquia riveirense de Oleiros no xuño da cultura e as artes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

No marco do Xuño da Cultura e as Artes onte pola tarde tivo lugar no Centro Social de Oleiros unha conferencia titulada “Fontes e camiños de historia local: San Martiño de Oleiros”, impartida polo arquiveiro municipal José Antonio Otero Sobrido.

Ante unha vintena de asistentes (entre eles, a concelleira e parlamentaria autonómica Herminia Pouso), Otero Sobrido trazou un percorrido pola historia de Oleiros e incidiu na importancia de recompilar e conservar os coñecementos que forman parte da tradición oral.

Por momentos a charla tornou nun interesante debate entre o relator e os asistentes.

4 de xuño de 2015 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.