Comezan as obras de dotación de saneamento ao lugar de Teira en Corrubedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida á instalación de rede de saneamento ao lugar de Teira, situado na parroquia de Corrubedo. A empresa Nemesio Ordóñez é a entidade encargada da obra, cuxo orzamento que ascende a 185.130 euros, IVE incluído.

O lugar de Teira carece de calquera tipo de rede de saneamento. Así e logo, as obras que se ten previsto executar comprenden a instalación dunha tubaxe de 575 metros de longo de 315 milímetros de diámetro e outra tubaxe de 128 metros de 250 milímetros, ambas de PVC compacto. Tamén se disporán 21 pozos a 1,70 metros de profundidade e 5 a 3 metros.

A través dos colectores indicados conducirase as augas fecais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, no que se implantará un bombeo no que se instalarán dúas bombas fixas de caudal unitario de 25,70 metros cúbicos por hora. Dende alí se impulsarán a través dunha rede de polietileno de alta densidade de 143 metros de lonxitude e 90 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral, que desemboca na EDAR de Corrubedo.

Todas as canalizacións irán soterradas en zanxa. Para a reposición da pavimentación se utilizará un pavimento continuo ecolóxico natural. O prazo de execución da actuación é de catro meses.

17 de xuño de 2015 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.