Comeza no Porriño o campus “Veraneando con V”

Participantes no campus
O Concello do Porriño, a través das concellerías de Benestar Social e Educación, daba comezo hoxe o seu campus de verán no que se deron cita 56 nenos porriñeses procedentes de todas as parroquias do municipio.
Deste xeito “Veciñeando con V” ofrece ós nenos, de entre 5 e 12 anos, unha gran diversidade de actividades como obradoiros, contacontos, baile, maxia, karaoke, bádminton, senderismo ou visitas culturais e deportivas ás escolas municipais; este ano incorporouse tamén o inglés, de xeito que os nenos darán un pequeno repaso estival a este idioma.
Para tranquilidade dos pais, os días que teñan piscina, os nenos serán repartidos en grupos reducidos, coa presenza do socorrista en todo momento e sempre baixo a vixilancia dos monitores de Activalede.
Esta mañá, a concelleira Soledad Girón, acudía ó comezo da actividade para comprobar de primeira man que o campus iniciábase correctamente e sen incidentes, detallando que “esta actividade estival é fantástica tanto para os nenos que gozan do verán establecendo lazos sociais, recuperando xogos tradicionais e dando continuidade á actividade deportiva; como para unha correcta conciliación da vida familiar e laboral dos país”.
Entre os nenos participantes puidemos atopar a unha veterana no campus, Antía Domínguez, que leva 4 anos seguidos acudindo e que explicaba que “as actividades que realizamos son moi divertidas, reencóntrome con amigas de clase e estou moi cómoda cando veño”. O exemplo de Antía é un de tantos, xa que os seus pais traballan e deste xeito están tranquilos sabendo que a súa filla está desenvolvendo actividades lúdicas, educativas e deportivas.
Este ano ampliáronse dúas novas quendas con respecto a outros anos, trátase das dúas primeiras semanas de agosto, para as cales aínda quedan prazas cun custo de 20 € semanais. As persoas interesadas en anotar ós seus fillos poden dirixirse ó Centro de Información á Muller -CIM-, situado na última pranta do Concello, ou ben chamar ó número de teléfono 986 337 429, para obter máis información.











