Bloggers gastronómicos galegos participaron no salón de alimentación Salimat

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Visita dos bloggers gastronómicos

Visita dos bloggers gastronómicos

O 19º Salón de Alimentación do Atlántico, SALIMAT ABANCA 2015, o cal se celebra ata mañá no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA contou hoxe coa presenza de catro bloggers gastronómicos galegos, os cales foron Alberto Ribas, de Máis Grelos; María Begoña López, de Violetas en Mi Cocina; Mª José Basanta, de Laurel y Canela;  y Sabela Bernárdez, de Coge la Comida y Corre.

Estes bloggers, invitados polo SALIMAT ABANCA 2015, coñeceron a primeira hora da tarde os 40 novos produtos presentes na área de innovacións Alinova e degustaron algúns deles nos stands das empresas elaboradoras dos mesmos.

A continuación participaron nunha degustación de carne de vaca rubia galega, organizada por Carnicería Cuíña, de Silleda. Tournedo de vaca vella con lingote do seu xugo y pementos de Padrón e Queixo Naiciña da Cooperativa Hoxe con mel milflores, son as receitas que degustaron, elaboradas polo cociñeiro Alejandro Iglesias, do restaurante Cabanas de Lalín, coa colaboración do aceite de oliva virxe extra 100% galego marca Ou Sacra. 

Ao longo da tarde os bloggers asistentes a SALIMAT ABANCA participaron tamén na Aula de Catas da Consellería do Medio Rural nunha sesión denominada “Tempo de Lamprea”, a cal levou a cabo José Manuel Mallón, do restaurante Dantaño, de Ames, e que estivo conducida polo sumiller Nacho Costoya 

Unha presenza que terá continuidade 

O salón SALIMAT ABANCA 2015 pretende dar continuidade a esta presenza de bloggers gastronómicos en vindeiras edicións, levando a cabo encontros con maior número de participantes.

13 de xuño de 2015 | 20:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.