As razas galegas en perigo de extinción centrarán máis de 30 actividades na feira Abanca Semana Verde
As razas autóctonas galegas en perigo de extinción terán gran protagonismo na área gandeira da 38ª FEIRA INTERNACIONAL ABANCA SEMANA VERDE DE GALICIA e tamén no salón de alimentación SALIMAT ABANCA, os cales se celebrarán do 11 ao 14 de xuño no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA. Convértense así en feiras de referencia para todos aqueles gandeiros e particulares interesadosnalgunha destas razas e en citas obrigada para ollalas todas xuntas ou recibir información en stands como el de la Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA).
Así, no programa centrado nestas razas, que conta co apoio do Feader (Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural), desenvolveranse máis de 30 propostas que inclúen exposicións, concursos, asembleas, degustacións, exhibicións, xornadas técnicas e un espazo de venta de produtos.
En canto aos Concursos, catro deles estarán organizados por Boaga e centrados nas razas bovinas, sendo o seu obxectivo mostrar as características diferenciadoras destas razas, poñer de manifesto o seu gran nivel morfolóxico e estimular aos gandeiros na cría de animais de alta calidade xenética. Así, levaranse a cabo o IV Concurso Morfolóxico da Raza Cachena, o III da Vianesa e o II da Caldelá, mentres que por primeira vez se celebrará o da raza Limiá. Os exemplares que concorran serán cualificados por xuíces o primeiro día de feira, co obxectivo de colocarlles as súas correspondentes escarapelas e que os visitantes podan recoñecer os exemplares gañadores, mentres que a entrega de premios será o domingo día 14.
Así mesmo, a asociación Avimós celebrará o II Campionato Galego da Raza Galiña de Mos. Coa participación de 22 criadores das catro provincias galegas e preto de 200 aves adultas, dividirase na IV Exposición e Concurso por Lotes, o VIII Concurso Monográfico e, como novidade, o I Concurso “A Galiña de Mos e os seus Poliños”, o cal se decidirá por votación popular dende o xoves ata o sábado da feira. Os participantes deberán depositar un cupón que lles dará dereito a participar no sorteo dun lote de produtos de Galiña de Mos.
Por outra banda, de man da asociación Puraga levarase a cabo o Concurso Morfolóxico do Cabalo de Pura Raza Galega.
Respecto ás exposicións, haberá unha de cada unha das razas, as bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa; a Galiña de Mos, o Porco Celta, a Cabra Galega e a Ovella Galega. A feira tamén contará cunha mostra de Cabalo de Pura Raza Galega e, por primeira vez, unha de sementais de alto valor xenético deste equinos.
Levaranse a cabo ademais numerosas xornadas técnicas, co obxectivo de fomentar a formación e especialización do sector gandeiro, centrándose en temas como “procesos patolóxicos e enfermidades dos pequenos rumiantes”, a realidade do logotipo 100% Raza Autóctona da Galiña de Mos e a Ovella e Cabra Galegas, a “alimentación dos becerros”, a “prevención de riscos” no sector gandeiro e o ovo da raza Galiña de Mos e os seus centros de embalaxe. Tamén Asoporcel impartirá unha xornada sobre “Sistemas de Cebo do Porco Celta”.
A todo elo sumarase unha exhibición de pastoreo de ovellas de pura raza galega con cans border collie, un mercado de aves vivas da raza Galiña de Mos, asembleas de socios de Avimós e Asoporcel e tamén unha Rapa das Bestas.
As razas en SALIMAT ABANCA
O salón de alimentación SALIMAT ABANCA tamén acollerá de forma paralela numerosas actividades centradas nestas razas. Así, no espazo Tapirazas do certame realizarse un menú degustacións con tapas de todas as razas bovinas, a Galiña de Mos e as Ovella e Cabra Galegas, elaboradoras polo cociñeiro Antonio Díaz Calvo, do restaurante Andarubel-Fragas do Eume. Á súa participación uniranse a dasbodegas Fernández Rodriguez S.C. – Adega da Capela e Adega Cachín, cos viños Pousadoiro (Ribeiro) e Peza do Rei (Ribeira Sacra), e tamén Ancora Bros Brewery, coa súa marca “Cervexa Áncora”.
Serán 17 tapas distintas das que os visitantes poderán desfrutar do xoves ao domingo a partir das 13.00h, e que incluirán propostas tan atractivas como carbonara flamande de tenreira raza caldelá, miniespeto de tenreira de raza frieiresa con chips de tubérculos, costeletas de cordeiro de raza ovella galega con mazá glaseada ou galo de raza Mos confitado en tarteira.
Así mesmo, o salón contará co espazo “De Nós para Vós”, centrado na venda directa dos produtores das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción directamente ao consumidor final. Catorce criadores pertencentes ás asociacións integradas na Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) presentarán en exposición e venda a carne e os produtos derivados destas razas, tendo unha oportunidade única de facer contactos e de promocionar os seus produtos únicos. Os produtores que participan preséntanse coas marcas Ganado de Lemos, Galo Celta, Granxa Teixeiro e Pistón, Monasterio Cisterciense de Oseira, Gacarli S.L., Cachenas de San Breixo, Gandería Tras do Río, Gandeiría Juan M. Lage, Chousa do Lea, Aves do Concello, Granxa Ecolóxica O Carballo, Ramón Vázquez, Tierra Celta e Castro de Madrosende.











