As Escolas Deportivas clausuran a tempada realizando o Roteiro do Deza este domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

As Escolas Deportivas de Silleda rematarán esta tempada coa realización dunha xornada de convivencia e sendeirismo. A cita que se celebra este domingo día 21 comezará ás 09.30 horas coa saída dos participantes en autobús dende o pavillón municipal César González Fares ata a Fervenza do Toxa. Dende alí realizarase o roteiro do Deza ata o mosteiro de Carboeiro, con parada na área recreativa da Carixa. 

Á chegada, haberá unha sesión de Tai Chi á beira do río Deza así como unha visita guiada ao mosteiro. Os participantes xantarán despois no entorno do mosteiro.Os asistentes só teñen que levar a comida. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 671 801336 ou 653 059372.

17 de xuño de 2015 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.