publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta somete a información pública o proceso para garantir o transporte público ao novo hospital de Vigo desde A Cañiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaMosO PorriñoPonteareasVigo
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se somete a información pública o proceso para garantir o transporte público ao novo hospital de Vigo, en Beade, desde A Cañiza, Ponteareas, Mos e O Porriño. Esta resolución pode consultarse a través deste enlace ao Diario Oficial de Galicia (DOG): http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150629/AnuncioCA02-230615-0006_gl.html.

Ante a posta en marcha dos servizos sanitarios que ofrecer o novo Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e a previsible demanda de transporte público por parte de usuarios, así como de persoal do novo centro hospitalario, a Dirección Xeral de Mobilidade está a tramitar a posibilidade de novos servizos de conexión co mencionado hospital.

A solicitude sometida hoxe a información pública foi presentada por parte da empresa Auto Industrial S.A, e os seus servizos estarán complementados cos que solicitou prestar Viajes Melytour S.L. desde Tui, Tomiño, Gondomar e O Rosal. 

Así mesmo, estase a iniciar a tramitación da solicitude presentada polas empresas Ojea S.A. para comunicar a nova infraestrutura hospitalaria cos municipios de Arbo Crecente As Neves, Salvaterra A Cañiza, Pontearas, O Porriño e Mos; e, no caso de Automóviles de Tuy S.A, para conectar aos concellos de Tui A Guarda, O Porriño e Mos con ovo hospital.

Os Servizos de Mobilidade de Pontevedra e Ourense están instruíndo os correspondentes expedientes coa audiencia e información pública preceptivas. 

A normativa en vigor establece que a Administración autonómica valorará a conveniencia de modificar un servizo preexistente con motivo da entrada en funcionamento de centros sanitarios xeradores dunha demanda significativa de transporte. Neste sentido, o Goberno galego avanza na tramitación dunha nova parada que facilitará a mobilidade daqueles usuarios que se desprazan ata as novas instalacións hospitalarias.

29 de xuño de 2015 | 17:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.