A Universidade Menéndez Pelayo celebrará dous cursos de verán en Riveira
Riveira, como sede da UIMP, ve este ano ampliada a súa oferta de formación universitaria e no vindeiro mes de xullo acollerá dous cursos de enorme interese e calidade. O primeiro curso será CRIMINOLOXÍA e PSICOLOXÍA XURÍDICA, dirixido por D. Gualberto Buela Casal,Catedrático de Psicoloxía Clínica da Universidade de Granada e Presidente da Asociación Española de Psicoloxía Condutual (AEPC). Desenvolverase do 15 ao 17 de xullo. O segundo curso, ADOLESCENTES E PAIS EN CONFLITO, dirixido por María de la Paz Bermúdez Sánchez, profesora titular de Psicoloxía da Universidade de Granada, desenvolverase do 20 ao 22 de xullo.
Bolsas de matrícula
A propia UIMP e a Deputación da Coruña teñen ao dispor das persoas interesadas, bolsas de matrícula para esta oferta educativa.
As axudas da Deputación da Coruña están dirixidas, fundamentalmente, a traballadores públicos da Deputación e concellos da provincia da Coruña, así como a membros das corporacións locais, sen prexuízo de que, no caso de existir dispoñibilidade de bolsas vacantes, poida estenderse a súa concesión ó público en xeral.
Bolsas de aloxamento
O Concello de Riveira colabora tamén nas axudas ao alumnado matriculado coas 40 prazas de aloxamento dispoñibles na Casa da Xuventude.











