A biblioteca de Riveira ampliará o horario actual e abrirá en xullo polas tardes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Biblioteca Municipal de Riveira, situada na rúa Manuel Lustres Rivas, ampliará o seu horario no mes de xullo. Así, a partir de mañá a instalación estará aberta de 8 a 14 e de 17 a 21 horas, ampliando en 120 minutos o horario habitual (de forma ordinaria abre as 10).

Nos últimos anos a biblioteca non adoitaba abrir as portas pola tarde nos meses de xullo. Con este cambio preténdese permitir que os estudantes utilicen este espazo tamén no verán en horario vespertino.

30 de xuño de 2015 | 17:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.