A área de Medio Ambiente de Silleda rexistrou un total de 35 avisos para a recollida de plásticos agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+

O prazo para solicitar o servizo de recollida de plásticos rematou onte luns cun total de 35 peticións doutros tantos usuarios de varias parroquias. Rexistráronse 5 peticións da parroquia de Cervaña, outras 5 de Oleiros; 3 en Laro; 2 en Cortegada; 2 en Saídres; 2 en Piñeiro; 2 en Lamela; 2 en Refoxos e cadansúa petición en O Castro, Parada, Silleda, Negreiros, Pazos, Cira e Manduas.

Agora dende o departamento municipal de Medio Ambiente establecerase un calendario de recollida para os vindeiros días agrupando os avisos por zonas e comunicando as datas os gandeiros e veciños solicitantes.

Estes avisos supoñen unha baixada respecto a outros anos polo sistema empregado no ano 2014 e no primeiro trimestre de 2015, cando as recollidas se facían puntualmente segundo as peticións formuladas.

Así dende o mes de decembro de 2014 e ata finais de marzo de 2015 atendéronse 25 solicitudes, co que contando coas recollidas agora, serían un total de 60. Esta cantidade está na liña da media dos últimos anos. No 2013, rexistráronse un total de 122 avisos cun servizo que tamén se plantexou nunha soa recollida.

No ano 2014 foron un total de 66 as peticións, concentrando seis parroquias o 55% das solicitudes (Escuadro, Graba, Parada, Laro, Oleiros e Cortegada).

Exitoso programa sen custes para o Concello

O programa de recollida porta a porta iniciouse en febreiro de 2008, obténdose uns resultados excelentes a xulgar tanto polas solicitudes trasladadas como pola cantidade recollida.

Dende o departamento municipal lémbrase que foi unha medida de gran acollida veciñal, que segue ademais a evitar a acumulación destes materiais que tardan centos de anos en degradarse, ao tempo que se evita o impacto visual.

Dende o ano 2013 esta recollida ten un custe cero para o Concello, froito dun acordo entre o goberno municipal e a empresa autorizada.

16 de xuño de 2015 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.