Uns 600 atletas participarán no campionato galego de categorías benxamín, alevín e infantil en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRiveira
A-
A+

Hoxe pola mañá presentouse no Salón de Plenos da Casa Consistorial unha proba do Campionato Galego de Atletismo que terá lugar no recinto de A Fieiteira e na que participarán máis de  600 atletas. No acto participaron o concelleiro de Deporte Juan Luís Martínez, e o presidente do Club de Atletismo Santa Uxía Juan Manuel Olveira, Pájaro.

A proba, que está organizada por Concello, club e Federación Galega de Atletismo, reunirá no complexo deportivo a mozos e mozas das categorías benxamín, alevín e infantil. O evento terá lugar de 10:30 a 20:15 horas, cunha descanso entre as 14:30 e as 16:30.

Maior interese no deporte

Juan Manuel Olveira destacou o auxe vivido nestes últimos anos polo atletismo en Riveira. O presidente do Club de Atletismo Santa Uxía destacou o labor da Concellería de Deportes e do seu edil Juan Luís Martínez como promotores desta disciplina no municipio.

Pola súa parte, Juan Luis Martínez salientou as repercusións positivas que vai ter para o comercio da cidade o feito de que se celebre unha proba como esta en Riveira.

22 de maio de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.