Uns 500 peregrinos pernoctarán no pavillón da Bandeira nos meses de xullo e agosto
A Ruta da Prata cara a Compostela segue a rexistrar unha elevada afluenza de peregrinos de cara ao verán. No Concello de Silleda xa se rexistraron reservas para a pernoctación de grupos no pavillón da Bandeira, lugar habitual para dar cabida a este tipo de expedicións. En total o número de reservas para os vindeiros meses de xullo e agosto sitúase xa en 482 persoas.
Entre os grupos que visitarán o municipio e farán noite no pavillón da Bandeira figuran peregrinos procedentes de Villafranca, Badajoz, Córdoba, Valencia, Ávila, Sevilla, Madrid, ou Ciudad Real, entre outros.
Dende a Concellería Margarita Campos destaca a grande afluenza de peregrinos para os que o municipio que segue a ser parada no seu itinerario hacia Santiago.
Agárdase ademais que co inicio da tempada estival aumenten, como vén sendo habitual o número de reservas para pernoctar no pavillón.











