Unha trintena de libros afondan na traxectoria e figura de Filgueira Valverde na biblioteca de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Dentro do Maio Cultural 2015, esta mañá deu comezo unha nova exposición na Biblioteca Municipal centrada na figura de Xosé Filgueira Valverde, homenxeado este ano no día das Letras Galegas. O acto contou coa presenza de Mari Carmen Vizcaya, concelleira de Educación, e José Antonio Otero Sobrido, bibliotecario e arquiveiro municipal.

A exposición conta cunha trintena de libros, alguns escritos polo homenaxeado e outros que versan sobre a súa figura. Os visitantes tamén poderán ver fotografías de Filgueira Valverde en Riveira con Carlos García Bayón ou incluso coa propia Vizcaya, entre outras persoas (de feito, a concelleira destacou a gran persoa que era o homenaxeado, tanto persoal como profesionalmente, e o pracer que foi poder coñecelo.

A exhibición conta con artigos de prensa que recollen a crónica do pregón que o escritor leu por mor das festas de verán de 1986, ademais dun escrito que Xan Fernández Callón, colaborador habitual da Biblioteca, fixo para esta homenaxe a Filgueira.

Unha obra moi variada

Xosé Filgueira Valverde está considerado un autor polígrafo, xa que escribiu de temas tan diversos como arquitectura, filoloxía ou arte. Ademais foi impulsor do Consello da Cultura Galelga e do Seminario de Estudos Galegos, entre outras institucións.

As persoas que visiten a Bibliotecatodo este mes poderán desfrutar desta completa exposición tanto de imaxes como bibliográfica. Estará aberta de 10 a 14 e de 17 a 21 horas.

11 de maio de 2015 | 19:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.