Últimos días para anotarse no III Triatlón Concello do Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

O vindeiro sábado 6 de xuño, O Porriño volverá acoller a que é unha das probas estrela do calendario deportivo galego, a terceira edición do  Tríatlon Concello do Porriño. Así, a partir das 17:00 horas a carreira dará o seu pistoletazo de saída no  Porto Deportivo de Tui,  onde os atletas percorrerán un tramo de 750 metros a nado no río Miño, para a continuación dirixirse en bicicleta aoPorriño nun percorrido de 20,2 quilómetros pasando por Ribadelouro, Mosende, Pontellas, Torneiro e o Velódromo Municipal, con fin na rúa Domingo Bo. Unha vez alí, farase a transición para efectuar o  último tramo, desenvolverase no centro urbano de Porriño, no que deberán completar a pé 5 quilómetros. Como en pasadas edicións, a meta estará situada na praza Antonio Palacios.

O prazo de inscrición para participar na proba estará aberto até o martes 2 de xuño, podendo formalizarse en liña a través da páxina da Federación Galega de Atletismo (www.fegatri.org) No entanto ante calquera dúbida poden dirixirse á concellaría de Deportes do Concello do Porriño.

O prezo da inscrición para os federados será de 10 euros e gratuíto para os cadetes. O non federados deberán tramitar a licenza dun día a través da propia web da federación, tendo esta un custo de 12 euros, polos que o non federados pagarán 22 euros e 12 euros a categoría cadetes. Ademais, o propio día da proba, no momento de recoller o dorsal, cada participante deberá entregar un quilo de comida en beneficio de SOS Porriño (preferiblemente arroz, pasta, leite, aceite…). 

Haberá tres premios para cada unha do catro categorías: cadete, junior, absoluta e veteranos; ademais do trofeo local, masculino e feminino.

III Mini Tríatlon Concello do Porriño 

O Concello do Porriño, en colaboración co Club de Atletismo Porriño, organiza simultaneamente o III Tríatlon Mini, de carácter non competitivo, que se celebrará o mesmo día que a proba de adultos, a partir das 13:00 horas con saída na Piscina Municipal do Porriño.

Os pequenos atletas, nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, deberán nadar ininterrompidamente 25 metros no primeiro tramo de proba, para completar despois 700 metros en bicicleta ata a transición que se situará á altura da Igrexa Sta. María do Porriño. Unha vez alí, os pequenos que irán acompañados en todo momento dun adulto, deberán afrontar un último tramo de 300 metros a pé para completar a proba.

A inscrición é totalmente gratuíta debendo formalizarse antes do 4 de xuño na Piscina Municipal

28 de maio de 2015 | 18:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.