Sete perceptores da Risga comezarán a traballar na brigada de limpeza de vías e áreas verdes de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que sete veciños perceptores da Risga comezarán mañá, día 7 de maio, a traballar para a Administración Municipal. Contarán cunha xornada laboral do 75% e estarán destinados á brigada de mantemento, mellora e limpeza de vías e áreas verdes municipais. Os beneficiarios desta subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia disporán dun contrato de traballo de sete meses.

6 de maio de 2015 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.