Seis miradoiros de Riveira xa contan con audioguías en cinco idiomas para proporcionar información turística

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Audioguía no miradoiro de San Alberte

Audioguía no miradoiro de San Alberte

O Concello informa da instalación de audioguías para proporcionar información turística en torno aos seis miradoiros por antonomasia do municipio de Riveira: parque de San Roque, Pedra da Ra / Castro da Cidá, A Curotiña (miradoiro de Valle-Inclán, que pertencen ao noso termo municipal), monte de San Alberto, miradoiro de Couso e miradoiro da Garita.

Cada unha destas audioguías está elaborada en cinco idiomas (galego, castelán, inglés, portugués e francés), de tal xeito que o visitante teña oportunidade de acceder a abundantes datos sobre o que pode divisar dende o punto en cuestión, ademais doutros datos relevantes como historias relacionadas, lendas, etc…

Cada audioguía ten unha duración de entre tres e cinco minutos e está dispoñible en distintos formatos habituais de descarga (MP3, WAV, MIDI, etc…).

Códigos QR

Aos efectos de facilitar o seu uso, colocáronse fitos identificativos en cada un dos seis puntos: monopostes de madeira harmonizados co entorno que conteñen un código QR para cada unha das audioguías para que o interesado poida acceder directamente a través do seu smartphone. 

A entidade adxudicataria da realización destes formatos foi a empresa OBIUT (Obradoiro de Ideas Urbanas e Territoriais), que presentou unha oferta de 10.278,95 euros. 

A realización desta actuación turística supón o punto e final ao proxecto Riveira Atlántica 2015, que está cofinanciado nun 70% con fondos europeos FEDER e acerca do que proximamente se efectuará un acto de balance.

20 de maio de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.