Salimat 2015 supera as cifras da pasada edición tras confirmar 17 distribuidores alimentarios nos seus Encontros de Compradores
O Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat 2015, o cal se celebrará do 11 al 14 de xuño na Feira Internacional de Galicia, volverá a dar un papel protagonista aos seus Encontros Nacionais e Internacionais de Compradores, en cuxa organización se traballa intensamente estes días.
A un mes para a súa celebración, estes Encontros contan xa coa confirmación de participación de 17 importadores e distribuidores alimentarios de EE.UU, Canadá, China, Xapón, Marrocos, Alemaña, Reino Unido, México, Italia, Francia e España. Unha cifra que supera xa o número tanto de compradores participantes na pasada edición como de países de procedencia, xa que en 2014 foran 14 compradores de 7 países.
Durante as vindeiras semanas a participación seguirá medrando coa incorporación doutros distribuidores internacionais e nacionais, e tamén por primeira vez nesta edición con hostaleiros e restauradores galegos invitados.
Unha eficaz plataforma de negocio
Os Encontros de Compradores de Salimat 2015, financiados polo IGAPE, permitirán ás empresas presentes no certame mostrar os seus produtos aos importadores, distribuidores e restauradores participantes a través de reunións axendadas con anterioridade en función dos intereses de ambas partes, nas que se contará con tradutores para solucionar calquera problema de idioma.
Tras o bo resultado das negociacións do ano pasado, os Encontros preséntanse de novo como unha oportunidade de abrir novos mercados a través de reunións “cara a cara”, contando ademais co valor engadido da coidada selección de compradores que está a realizar a organización para garantir o seu interese na oferta alimentaria presente.
Todo elo converte a estes Encontros de Salimat nunha plataforma comercial con gran eficacia para a xeración de negocio, que se engloba dentro da estratexia da FIG de potenciar a vertente profesional o xoves e venres da feira.











