Riveira promove o termalismo social entre os maiores do municipio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de firmar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense dirixido a promoción e difusión do turismo termal en dita zona, especialmente entre os nosos maiores.

Neste senso, o principal obxectivo deste proxecto é o envellecemento activo, saúde e benestar a través do termanlismo social; nun entorno tan favorable para isto como é a provincia de Ourense. 

Este programa inclúe tres posibilidades. A primeira vai dirixida a persoas maiores de 50 anos e inclúe unha estancia de luns a sábado en pensión completa con 10 tratamentos termais e asesoramento médico (tamén teñen posibilidade de incluír transporte en tren e un acompañante que non cumpra os requisitos de idade). A segunda vai dirixida a persoas que teñan al menos 18 anos (con posibilidade de ir acompañados dun menor de ata 12 anos). Esta inclúe pensión completa e 2 técnicas de balneario por persoa durante unha fin de semana. A última das propostas vai dirixida ao maiores, e consiste na posibilidade de optar a 20 técnicas de balneario durante 10 días, pero sen incluír a pernoctación. 

Quen queira participar neste programa debe dirixirse aos  Servizos Sociais do Concello de Riveira, quen tramitarán a solicitude de prazas con carácter inmediato. O convenio inclúe os balnearios de Lobios Caldaria, Laias Caldaria, Arnoia Caldaria, Baños de Molgas e O Carballiño.

28 de maio de 2015 | 12:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.