Riveira adxudica a reordenación do tramo do Malecón entre Rosalía de Castro e o novo mercado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira vén de adxudicar unha actuación dirixida á reordenación do tramo do paseo do Malecón comprendido entre a confluencia con Rosalía de Castro e o novo mercado, co obxecto de mellorar a circulación peonil eliminando o mobiliario urbano radicado no medio das beirarrúas, é dicir, bancos de pedra, bancos/xardineiras e a fonte existente.

O proxecto elaborado ten por obxectivo crear unha zona libre de obstáculos neste tramo de beirarrúas e, por outro, executar unha mediana axardinada continua de dous metros de ancho polo centro da estrada, con plantación de céspede e árbores ornamentaise a instalación dunha liña de rego.

Por outra parte, na parte máis próxima ao edificio do mercado, a baldosa hidráulica alí disposta será renovada e substituída por lousas de pedra, proporcionando un acabado acorde co resto da avenida do Malecón.

A execución desta obra recaeu na empresa Florida Galicia, S.L., por un importe de 96.070 euros, IVE incluído. O prazo de execución son tres meses.

15 de maio de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.