Recepción no Concello de Riveira dunha vintena de estudantes italianos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Recepción aos estudantes

Recepción aos estudantes

Esta mañá tivo lugar no Concello a recepción dunha vintena de estudantes italianos de 16 e 17 anos que participan nun proxecto de intercambios co IES Número Un de Riveira. Os mozos e mozas proceden do instituto Pietro Scalcerle de Padua e permanecerán na cidade ata o vindeiro día 13.

A concelleira de Educación, Mari Carmen Vizcaya, e a primeira tenente de Alcalde, Dolores Elorduy, foron as encargadas de darlle a benvida aos visitantes. Maria Gamba, unha das profesoras italianas que os acompañaban, expresou o seu agradecemento pola acollida. Tamén Olegario Sampedro, docente do centro educativo riveirense, lles dirixiu unhas palabras.

Percorrido turístico

Durante a mañá percorreron diferentes puntos de interese do concello como a praia do Vilar, a Pedra da Ra ou o Faro de Corrubedo. Pola tarde teñen previsto realizar actividades como sendeirismo no camping Ría Arosa 2. Nos próximos días visitaran outros puntos de toda Galicia como Fisterra, Santiago ou Noia. Tamén viaxarán en catamarán á illa de Sálvora.

Os mozos e mozas italianos estiveron acompañados dos alumnos de 1º de Bacharelato do IES Número 1 cos que realizan o intercambio. Os riveirenses xa gozaron da súa estancia en Padua onde visitaron algúns emprazamentos tan destacados como Venecia ou Verona.

7 de maio de 2015 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.