publicidade hoxe

Pazos de Borbén organiza dous novos cursos de lecer e formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa Oficina de Información Xuvenil pon a disposición dos seus veciños dous novos ciclos de lecer e formación. Trátase dun ciclo sobre pintura facial artística e outro de corte e confección básica. Ambas as propostas contan con prazas limitadas e teñen como obxectivo proporcionar alternativas de lecer e de utilidade á comunidade de veciños. Os participantes de cada taller disporán do material necesario para os ciclos, tanto a pintura facial como as máquinas de coser.

O curso de Pintura Facial Artística pretende fomentar a expresión plásticas dos participantes, que aprenderán a deseñar e realizar diversas maquillaxes e pinturas de fantasía perfectos para festas infantís e celebracións. Ten unha duración total de catro horas e impartirase dous sábados consecutivos en horario de 10:00 a 12:00 horas. O custo do ciclo é de 15 euros e conta con 20 prazas dispoñibles.

Durante o ciclo de Corte e Confección Básica os participantes aprenderán a realizar arranxos, deseñar e cortar pezas simples como cortinas, coxíns, manteis e mesmo poderán deseñar e confeccionar as súas propias pezas de roupa. O ciclo desenvolverase durante dous meses cunha clase de dúas horas e media cada semana e ten un custo de 20 euros ao mes. Hai un total de 14 prazas dispoñibles e cada alumno contará cunha máquina de coser á súa disposición.

Ambas as iniciativas están dirixidas a todos os veciños maiores de 16 anos e para ampliar información ou formalizar a inscrición os interesados deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

5 de maio de 2015 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.