Os torneos de fútbol praia e padbol chegan ao Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Presentación do torneo de Fútbol Praia

Presentación do torneo de Fútbol Praia

O Porriño acollerá os próximos 30 e 31 de maio o Campionato de Fútbol Praia Outdoor que, tras ser aprazado a causa do mal tempo, finalmente disputarase no noso municipio. Un evento deportivo sen precedentes que, unha vez máis, demostra que querer é poder e que é posible practicar calquera  modalidade deportiva no Concello do Deporte.

Así, os arredores do Polideportivo Municipal converteranse nunha improvisada praia coa area suficiente para que os participantes dispoñan das mellores condicións para disputar o torneo. Serán 24 os equipos que participen neste campionato, e que optarán a gañar un dos tres premios do campionato, 1000 euros para o primeiro clasificado, e 200 e 50 euros para o segundo e terceiro, respectivamente. 

Ademais da competición, o programa deste campionato chega cargado de actividades, entre as que destacan o partido de mozas o domingo ás 18:30 horas,  e  o encontro que enfrontará aos veteranos Celta-Depor o sábado, ás 18:30 horas e que contará cun padriño de excepción, a estrela do fútbol praia, Ramiro Amarelle.

Completando a programación, a organización do evento suma unha nova competición a esta festa do deporte, o primeiro Torneo de Padbol do Porriño, que se disputará nas pistas municipais de pádel. Nesta modalidade deportiva compítese por parellas, e o único requisito marcado pola organización para poder participar é que polo menos un dos integrantes sexa menor de 16 anos.

Todos aqueles interesados en participar, en calquera dos dous torneos, poden formalizar a súa inscrición até o próximo 28 de maio, a través dos teléfonos 646 109 699 e 617 619 440. O custo da inscrición é de 100 euros para Fútbol Praia e 15 euros por parella para o Torneo de Padbol.

21 de maio de 2015 | 19:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.