Os libros invaden as rúas de Silleda

Actividade “Libros na rúa”
A actividade Libros na rúa, que se está a celebrar con gran éxito na praza da Igrexa de Silleda contou ca participación do alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela e pola tarde, ás 17.30 haberá a sesión aberta O gran xogo do Día das Letras. Ata as 21.00 horas estarán á venda exemplares usados, con títulos moi variados, ao prezo de 1 euros. A cita, enmarcada no programa das Letras, está organizada dende a Concellería de Educación, que dirixe Pili Peón, e conta con unha dobre vertente.
Así, ademais de ser unha aposta educativa e relacionada coa promoción da lectura tamén terá un carácter solidario, xa que a totalidade da recadación se destinará ao programa municipal Silleda Solidaria, que atende ás familias con menos recursos.
No certame participan o CEIP Ramón de Valenzuela da Bandeira, o IES Pintor Colmeiro, a Anpa do CEIP de Silleda, Anpa Brincadeira da Bandeira e a Anpa Meniños do Colexio María Inmaculada. Ademais dos libros recollidos por estes centros e anpas participantes, aos que se agradece dende o Concello a súa implicación, tamén están a venda lotes de libros donados pola Biblioteca Municipal Daniel Castelao e pola Asociación Avanza Trasdeza.











