Oito traballadores municipais recibiron a insignia de ouro do Concello de Riveira pola súa dedicación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Entrega da insignia

Entrega da insignia

O salón de plenos do Consistorio encheuse para homenaxear a oito traballadores municipais que recibiron a insignia de ouro de Concello de Riviera polos seus 25 anos de servizo aos veciños (nalgún caso o distinguido leva algúns anos máis). O alcalde Manuel Ruiz, encargado de presidir o acto, estivo acompañado polo secretario xeralJuanSalguero, e polo interventor Jorge González.

O rexedorriveirense agradeceu aos homenaxeados todos estes anos de servico polos demais, e mostrou o orgullo que sinte por toda a plantilla que forman os empregados municipais. Tamén se fixo eco da importancia que teñen estres traballadores para o futuro da cidade.

O evento tivo lugar con motivo da celebración do día de Santa Rita, patroa dos empregados da Administración local. Ao acto asistiron diversos concelleiros e tenentes de alcalde. 

Aplausos para os homenaxeados

O secretario xeral foi o encargado de ler un a un o nome dos galardoados mentrEs que RuizRivas lle colocaba a insignia entre aplausos. Ademais, tamén se lles obsequiou co libro Riveira, unha cidade con título, de Emilio Rodíguez López (Erolo). 

O nome dos oito condecorados é: María José Carreira García, José Andrés Alonso Paz, Josefa Encarnación Álvarez Reiríz, José Manuel Orellán Santos, Xosé RomeroMiguens, Prudencio Bragado Fernández, JesúsJosé María Millán Santos e Pedro Antonio Fernández Iglesias. 

22 de maio de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.