publicidade hoxe

O Porriño únese á conmemoración do Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Con motivo da celebración o vindeiro domingo 17 do Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura do escritor e historiador pontevedrés, Xosé Fernándo Filgueira Valverde, o Concello do Porriño, a través da concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso, programou diferentes actividades que veñen desenvolvendo ao longo desta semana.

Como vén sendo habitual, os alumnos do IES Ribeira do Louro foron os encargados de elaborar os dous murais conmemorativos que xa engalanan a fachada do Centro Cultural Municipal e que, lembran tan sinalada data a todo aquel que transita polo centro do Porriño. Os actos continúan esta mesma tarde, co festival que a Escola Municipal de Música ofrece no CRC.

Finalmente, o sábado 16 a partir das 17:30 horas, a céntrica praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá un festival no que intervirán os grupos de música tradicional do Porriño.

14 de maio de 2015 | 19:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.