publicidade hoxe

O Porriño renova a súa colaboración con Acipor

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Nunha nova mostra de apoio ao comercio local o Concello do Porriño e a Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR) asinaron esta mañá un convenio de colaboración en materia económica, como vén sucedendo os últimos anos.

O alcalde en funcións do Porriño, Nelson Santos, a presidenta de Acipor, Juana Pérez e a xerente da asociación, Noelia Conde, reuníronse esta mañá na Casa Consistorial para formalizar coa súa rúbrica o acordo que supón unha achega de 6.000 euros ao “pequeno e mediano comercio do Porriño, para que continúe afrontando con garantías a súa recuperación”, explicou Nelson Santos. Este convenio, que ten vixencia dun ano, mantén o seu importe ao entender, en palabras do rexedor, “esencial o apoio que como administración máis próxima debemos dar ao comercio tradicional, promovendo sempre a súa revitalización e dinamización, con colaboracións como esta e coa organización doutras iniciativas e eventos que impulsen e poñan en valor a actividade comercial no Porriño”.

Pola súa banda, Juana Pérez, agradeceu ao Concello a súa “disposición a colaborar e a súa implicación cos comerciantes do Porriño”.

27 de maio de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.