O Ministerio autoriza os desembarques superiores aos dez mil quilos de arenque, xarda e xurel no porto de Riveira
As xestións realizadas polo alcalde seguindo a vontade do sector chegaron a bo termo e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente vén de autorizar para o porto de Riveira os desembarques superiores a máis de 10.000 quilos de arenque, caballa e xurel, algo que ata o de agora estaba vedado.
Así, o ministerio competente nos asuntos vinculados coa pesca vén de dar luz verde a que se poda efectuar este volume de descargas no peirao riveirense, sumándose aos portos galegos da Coruña, Muros, Fisterra, Muxía e Vigo. Poderán realizarse os desembarques dende as 00 horas do luns ata as 24 horas do venres.
Cómpre lembrar que con data 31 de marzo de 2015 e reflectindo o interese dos axentes do mar do municipio, o alcalde Manuel Ruiz dirixiu un escrito ao secretario xeral de Pesca, Andrés Hermida, no que se daba conta da importancia deste sector para a nosa economía e solicitaba tal autorización. O citado documento ía acompañando da firma dos representantes das distintas confrarías e asociacións do noso concello.
Dende o Concello se espera que tamén cheguen a bo porto outras xestións, como a da regularización dos motores das embarcacións que afectan a mariscadores e percebeiros











