publicidade hoxe

O Lourambal volve acolle o curso federativo de monitor de fútbol base

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesO Porriño
A-
A+
Presentación do curso de monitor de fútbol base

Presentación do curso de monitor de fútbol base

O complexo deportivo do Lourambal acollerá o próximo mes de xuño, por segundo ano consecutivo, o Curso de formación de Monitor de Fútbol Base que organiza a Federación Galega de Fútbol a través da Escola Galega Adestradores.

Esta mesma mañá, o alcalde do Porriño, Nelson Santos, e o concelleiro de Deportes, M. Alejandro Lorenzo, acompañaron a Manuel Mosquera e José Luís Mosquera, director e coordinador da Escola Galega de Adestradores no acto de presentación do curso,  ao que acudiron tamén varios representantes dos clubs de fútbol da localidade.

O rexedor abriu o acto de presentación “agradecendo tanto á Federación Galega de Fútbol como aos clubs de fútbol do Porriño que oferten novamente esta acción formativa na nosa localidade que, como sucedeu o ano pasado, estou seguro que terá unha gran participación”

Manuel Mosquera quixo aproveitar a ocasión para agradecer “ao Concello do Porriño a súa predisposición a colaborar con calquera iniciativa deportiva, por isto e polas instalacións das que dispón demostra que é o Concello do Deporte”.  O director da EGE quixo lembrou tamén que a partir de setembro será obrigatorio ter, como mínimo, o diploma de Monitor de Fútbol Basee para poder adestrar en categorías basee, “a formación neste sentido será indispensable, e esta é unha boa ocasión para levar a cabo este curso, cun formato flexible que permite que o alumnado poida acudir sen problemas”.

Este curso ten por finalidade proporcionar aos alumnos a formación que garanta adquirir os coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Federación Galega de Fútbol.

Así, a partir do 15 de xuño iniciaranse as clases nas instalacións do complexo deportivo de Lourambal, completando os alumnos nun prazo dun mes unha carga lectiva de 65 horas, que inclúe técnica, táctica, metodoloxía e adestramento deportivo, entre outros campos.  Aqueles interesados en participar poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do email escuelagallega@gmail.com ou ben a través da web da federación www.futgal.es

 

27 de maio de 2015 | 19:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.