publicidade hoxe

O Concello do Porriño incorpora ao seu persoal un total de 20 desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

Un total de 20 persoas en situación ou risco de exclusión social incorporaranse ao persoal do Concello do Porriño nos próximos días. Trátase concretamente de 2 auxiliares administrativos que  desempeñarán un labor de apoio administrativo á Axencia de colocación Porremprego, e de 10 peóns e  8 peóns de limpeza que realizarán tarefas de embelecemento urbano.   

Estas incorporacións, incluídas no Plan Municipal de Emprego 2015, realizaranse en base a unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar.

Porremprego pon en marcha diferentes actividades formativas

Por outra banda, incluídos tamén no Plan Municipal de Emprego,  a concellaría de Emprego e Formación do Concello do Porriño, que dirixe M. Alejandro Lorenzo, pon en marcha diferentes cursos dirixidos a desempregados.

“Un total de 45 accións formativas a través das cales se pretende formar de maneira prioritaria a aqueles veciños que se atopan en situación de desemprego, naquelas ocupacións con maior demanda no mercado laboral, a fin de mellorar a súa cualificación para facilitar a súa inserción”, explica o edil.

Así, os usuarios da bolsa municipal de emprego poderán formarse en diferentes sectores, entre os que destacan a contabilidade, inglés, atención ao cliente, caixeiro-reponedor, barbaría, informática, carretillero ou manipulador de alimentos.

22 de maio de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.