O Concello de Riveira recibe a visita dun grupo de estudantes alemáns

Visita dos estudantes alemáns
Esta mañá tivo lugar no Concello unha recepción a oito estudantes alemanes que participan nun proxecto de intercambio co Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso.
No acto participaron o alcalde, Manuel Ruiz Rivas e a concelleira de Educación, Mari CarmenVizcaya, ademais do profesor Frank Kaiser, e do director do CIFP, José Antonio Rendo.
Os mozos e mozas proceden do Evangelischer Verein für Jurgendsozialarbeit de Frankfurt, onde estudan ciclos duais de pintura, administrativo ou cociña.
Axenda variada
Durante os próximos catro días participarán en diferentes clases no CIFP Coroso. Hoxe asistirán a Electricidade, mañá a Alimentaria, xoves a Automoción e pecharán esta visita coa lección de Frío o venres. Ademais, recibirán unha clase dunha hora sobre a lingua galega e a historia de Galicia.
Durante as tardes realizarán excursión para coñecer a zona e disfrutar dos atractivos que ofrece a comarca.











