O Concello de Riveira activa a pavimentación da rúa Cubeliños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa da adxudicación dunha nova actuación dirixida a dotar dunha nova pavimentación á rúa Cubeliños, situada na cidade de Santa Uxía, moi preto da Escola Infantil Municipal. A obra comprenderá unha superficie de 1.450 metros cadrados, sobre a que se estenderá unha capa de aglomerado asfáltico tipo D12. O importe desta iniciativa ascende a 19.668,89 euros, IVE incluído. A empresa encargada de realizar a actuación será Canarga, S.L.

12 de maio de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.