O club H2O nace para promover as disciplinas de surf, bodyboard e paddleboard en Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Presentación da escola de surf

Presentación da escola de surf

A Casa Consistorial do Concello de Riveira foi o escenario esta mañá da presentación do club H2O que promoverá o surf, bodyboard e paddleboard no municipio. Breixo Ventoso, Alex Sebastián e Daniel Rodríguez, directivos da entidade, estiveron acompañados durante o acto polo concelleiro de Deportes, Juan Luís Martínez.

Para levar a cabo a labor de difusión destas deportes acuáticos, o clube contará cunha escola chamada “Grip” con sede no areal de Balieiros, en Corrubedo. Este centro contará con monitores titulados pola International Surf Association ou pola Federación Española de Surf.

Os grupos terán un máximo de oito alumnos por profesor, e as clases terán unha duración dunha hora e media. A escola conta cun almacén, duchas e terreo. Este último empregarase para realizar exercicios de técnica cando as condicións meteorolóxicas impidan realizalos na auga. A inauguración do recinto está prevista para sábado 6 de xuño a primiera hora da tarde.

Lugar idóneo

Alex Sebastián destacou as condicións xeográficas de Riveira para a práctica deste deporte. Por mor desta situación, aínda que a sede esté en Balieiros as clases realizaránse en distintos puntos do municipio. 

Tanto os tres directivos como o Concelleiro destacaron o entorno idóneo no que se atopa Riveira e a vontade de realizar algunha das actividades no Parque Natural. Nesto senso, Breixo Ventoso afirmou que o clube non só busca promover a práctica de deporte, senón que tamén os valores de respecto medioambiental e sostenibilidade. Con este fin, tanto o clube como a escola cooperarán na limpeza de praias. 

A entidade tamén ten a intención de aportar o seu gran de area para ter unha sociedade máis igualitaria, para isto levarán a cabo unha obra social destinada a integración social e a axuda aos discapacitados. 

Competicións locais

Daniel Rodríguez, encargado da sección de competición dentro do clube, afirmou que buscarán que os alumnos participen en torneos de carácter local; invitando tamén a outras escolas da comarca. De esta forma queren favorecer a creación dun bo ambiente na práctica destes deportes acuáticos. 

Ademais, Rodríguez manifestou o seu desexo de que os alumnos crezan e melloren baixo a tutela da escola e poidan chegar a participar tanto en campionatos autonómicos coma en nacionais. 

29 de maio de 2015 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.