O alcalde de Riveira solicita medidas correctoras das actuacións que a demarcación de Costas está a facer nos Areeiros e en Aguiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O alcalde de Riveira Manuel Ruiz púxose en contacto coa Demarcación de Costas de Galicia ante a súa inquietude polas consecuencias que están a ter as obras que dita entidade está a realizar por unha parte nos Areeiros (onde se está a canalizar un río) e por outra en Aguiño (onde se está a aportar area á zona do Carreiro).

Neste senso, Ruiz Rivas espera contar en breve coa visita dun responsable de Costas para observar in situ o avance destas actuacións co fin de que se adopten medidas encamiñadas a corrixir e reconducir a execución das mesmas.

4 de maio de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.