Nove obras compoñen o pograma da mostra de teatro infantil de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

Esta mañá o centro Lustres Rivas foi o escenario da presentación do programa da XVIII Mostra de Teatro Infantil. Este certame está impulsado pola concellería de Cultura do Concello de Riveira e enmárcase dentro do conxunto das actividades do Maio Cultural 2015. A edil Elvira Pisos e o técnico, Chiki Durán, foron os encargados de pormenorizar os detalles do evento.

Esta edición terá lugar entre o luns 25 de maio e o vernes 29. Serán nove as obras que serán interpretadas polos cativos e cativas dos distintos grupos teatrais. O ANPA Bandaseca do Colexio Salustiano Rey Eiras, da Pobra do Caramiñal, participará novamente como invitado. Unha das principais novidades é a participación do ANPA Monte Tahume do CEIP Olveira.

Elvira Pisos expresou o seu agradecemento público a todos aqueles que están detrá das bambalinas e fan que os máis pequenos poidan gozar e aprender no seu tempo de ocio participando do teatro.

A Concelleira tamén tivo palabras de agradecemento para a Asociación Alfaia, impulsora e colaboradora de este evento. 

Cada día terán lugar dúas representacións, sendo a primeira as 20.00 horas. A segunda comezará 5 minutos despois do remate da anterior. As entradas deberán ser retiradas con media hora de antelación. O derradeiro día só haberá unha función, tras a cal terá lugar a cerimonia de clausura. 

Calendario das funcións: 

Luns, 25 de maio:

Rosiña, a criada xordiña. ANPA do CEIP de Palmeira.

A princesa que non sabía ler. Colexio Galaxia.

Martes, 26 de maio:

O parque enfermo. Colexio Bayón.

Bruxas na sabana. Colexio A Milagrosa de Oleiros. 

Mércores, 27 de maio:

De ilusións tamén se vive. ANPA do Colexio Galaxia.

Cousa de maiores. Obradoiro de Teatro do CEIP O Grupo. 

Xoves, 28 de maio:

Encogiéndonos de hombros. ANPA Monte Tahume do CEIP Olveira.

O misterio das sombras. ANPA de Bandaseca do Colexio Salustiano Rey Eiras. 

Vernes, 29 de maio:

Alicia… no País das Marabillas?. ANPA do Colexio Bayón.

21 de maio de 2015 | 18:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.