Nova actuación de mellora na rúa Cochón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Melloras na rúa Cochón

Melloras na rúa Cochón

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida á renovación de servizos e pavimentación da rúa Cochón, situada na cidade de Santa Uxía. A obra consiste na colocación de 80 metros de tubaxe de PVC compacto SN4 de 315 milímetros de diámetro destinada ao saneamento. Ademais instalarase unha tubaxe de 80 metros de PVC SN8 corrugado de 315 milímetros para a recollida das aguas pluviais.

A pavimentación consta da colocación de 300 metros cadrados de formigón HM-20 armado con malla de aceiro e de 35 metros cadrados de adoquín de granito recto abuxardado.  O importe da obra ascende a 41.153,92 euros, IVE incluído. A empresa encargada de realizar a actuación está sendo Río Sieira S.L.

20 de maio de 2015 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.