Maio Cultural de Riveira contará cun programa de 37 actividades dirixidas a todos os públicos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Centro Cultural Lustres Rivas foi o escenario da presentación do programa do Maio Cultural 2015 de Riveira. O acto contou coa participación de Elvira Pisos, concelleira de Cultura e Festexos, e Mari Carmen Vizcaya, edila de Educación e Servicios Sociales.

O programa inclúe 37 actividades. As concelleiras destacaron como principal novidade a viaxe a Sálvora prevista para os días 16 e 18 de maio, con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos. Para poder participar nesta iniciativa os interesados deberán inscribirse no Centro Cultural Lustres Rivas ou no Museo Municipal. O prazo estará aberto dende o 5 ata 11 de maio.

Ademais, celebrarase o XXIII Certame Literario Xosé Filgueira Valverde Letras Galegas 2015. Os premios consistirán en lotes de libros. Todos os participantes serán agasallados cun diploma e un estoxo cunha libreta literiara.

4 de maio de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.