Inícianse os preparativos da 27 edición da Romería do Rapaz en Siador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSilleda
A-
A+
Reunión para a organización da Romería do Rapaz

Reunión para a organización da Romería do Rapaz

A Romería do Rapaz volverá ao entorno da Saleta, en Siador, o vindeiro domingo 28 de xuño na súa vixésimo séptima edición. Esta festa para os máis cativos, que é xa un referente, comezou a deseñarse hoxe nunha reunión con técnicos e traballadores municipais. Dende a Concellería de Cultura, que organiza o certame, continuarase apostando polos obradoiros creativos e outras actividades clásicas coma o desfile de modelos con traxes feitos polos nenos e nenas con material de refugallo. Nos vindeiros días darase a coñecer o programa completo da xornada, que incluirá actuacións, música, e numerosas actividades.

21 de maio de 2015 | 17:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.