Inícianse as obras de recollida de pluviais e arranxo do camiño no lugar de Sucadiño

Obras en Sucadiño
O Concello de Riveira informa de que está semana comezaron as obras para a recollida de pluviais e o arranxo do camiño do lugar de Sucadiño, situado na parroquia de Olveira. Para a recollida de pluviais instalarase unha tubaxe rechea pola parte superior, inferior e laterais con formigón HM-20 de 30 centímetros de ancho ao longo de 24 metros. Posteriormente para a adecuación do camiño pavimentarase unha superficie de 1.050 metros cadrados con aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 de catro centímetros de espesor. A empresa encargada de realizar esta actuación é Vías y Servicios Generales S.L. e o prazo de execución é dun mes. O prezo da obra ascende a 29.817,88 euros, IVE inculído.











