Éxito de participación nas actividades do Maio Cultural en Santa Uxía
O pasado sábado, día 9 de maio, a mocidade disfrutou dun día repleto de actividades enmarcadas no Maio Cultural organizado polas concellerías de Cultura e de Educación.
O parque García Bayón foi a ubicación que reuniu un maior numero de eventos. Dende as 11.00 ata as 22.00 horas os mozos e mozas de Riveira poderon disfrutar de obradoiros de Skate, Break Dance, Lírica e Composición e Creación de Bases. Un concerto no que se amosou o feito nas actividades Doc Shock puxo punto e final a xornada.
Sabados de ler
Ás 12.00 horas na biblioteca tivo lugar o espectáculo de contacontos “Triquitraque Traquetriqui” de Charo Pita. Preto dunha trintena de nenos e nenas de entre 0 e 3 anos desfutaron da artista que captou a súa anteción dende o primeiro momento con xogos de cancións e sons. Pais e pequenos escoitaron atentamente o relato ata o final.
O próximo sabádo no mesmo horario Raquel Queizás escenificará “A maleta da avoa”. Esta actividade está orientada a cativos de entre 3 e 12 anos.
E ademais, na praza do Concello tivo lugar pola tarde e con moitísimo público un espectáculo de clown, malabares e humor na rúa coa función “Unha de piratas”.











