Decenas de cativos asistiron ao espectáculo de Raquel Queizás nos “Sábados de libro”

Sesión a cargo de Raquel Queizás
Os Sábados de Libro na Biblioteca Municipal que se celebran no marco da programación do Maio Cultural de Riveira volveu contar coa masiva asistencia de público infantil desexoso de participar nunha nova actividade de contacontos. Nesta ocasión foi Raquel Queizás quen divertiu ás decenas de nenos e nenas congregados co seu espectáculo “A Maleta da Avoa”. A cita contou coa participación coa asistencia da responsable do Servizo Municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín. A programación proseguirá o vindeiro sábado ás 12 do mediodía con Magín Blanco e a súa función Libros En-cantados.











