Cris Román ofrece este venres un concerto no Centro Recreativo de Oleiros
O Centro Social de Oleiros vai ser escenario este venres dunha actuación musical a cargo da cantautora riveirense Cris Román. O concerto terá lugar entre as 21.30 e as 23 horas no espazo multiusos do inmoble.
Autobús
Aqueles que desexen acudir poderán desprazarse de xeito gratuíto a través dun autobús que sairá ás 20.30 horas dende a terminal de autobuses de Riveira, con paradas en Artes (xunto ao desvío ao Centro Recreativo), Corrubedo (no cruce) e Olveira (onde a igrexa).
Cris Román estará acompañada na súa actuación dun guitarrista e un pianista. Cantará principalmente composicións propias.











