publicidade hoxe

Continúa no Porriño o “Circuíto Galego de Teatro Amador” cos nenos como protagonistas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+
Espectáculo de teatro amador

Espectáculo de teatro amador

Este fin de semana continúa a programación de teatro amateur que o Concello do Porriño, a través da súa concellaría de Cultura, e Atrezo Teatro, trouxo ao noso municipio dentro do Circuíto Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado.

Se a pasada semana Teatro Escoitade e a compañía Nostrum Cai deleitaron á amantes do arte dramático que se deron cita no Centro Cultural Municipal, este fin de semana será a quenda dos máis pequenos. Así, este sábado a compañía de teatro Fanfarra dos soños , fará as delicias de toda a familia coa posta en escena de “A caixiña dos soños”, un divertido conto infantil no que se mesturan teatro e monicreques, protagonizado por dous viaxeiros que coinciden nunha estación de tren.

Como broche final, o domingo 17 de maio, O Aturuxo de Melpómene subirase ao escenario para representar a súa traxicómica reflexión sobre a crise económica, “Desencaixados. Esperpéntica crise”.

Todas as representacións serán ás 20:30 horas, no salón de actos do Centro Cultural Municipal. Nesta ocasión, o teatro amateur quixo tinguir de solidariedade o seu certame e colaborar cos máis necesitados. Así, o único requisito para poder gozar destas xornadas de teatro, será doar un quilogramo de alimento non perecedoiro en beneficio do Programa Municipal de Alimentos SOS Porriño.

15 de maio de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.