Comezan os traballos de pavimentación e renovación de servizos nas rúas Amado Carballo e Blanco Amor en Fafián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación na cidade dirixida a pavimentar e renovar os servizos de dúas vías situadas no barrio de Fafián: concretamente, as rúas Blanco Amor e Amado Carballo.

A empresa que está desenvolvendo as obras é Construcciones Anspal e o importe da acción ascende a 129.833 euros, IVE incluído. A obra ten un prazo de execución de catro meses.

O pavimento das rúas citadas son de formigón e nelas obsérvanse danos significativos. Ademais, a rede de abastecemento de auga é moi antiga e precisa frecuentes traballos de mantemento, en tanto que as redes de saneamento e pluviais están feitas de formigón e son deficitarias.

Segundo o proxecto técnico elaborado, demolerase en primeiro lugar o pavimento de toda a área de actuación e as tubaxes de auga existentes serán substituídas por outras de polietileno de alta densidade de 90 milímetros de diámetro. Ademais, para o saneamento será instalado un colector de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro que será conectado co colector xeral situado na rúa 9 de Agosto. Para pluviais será utlizidados colectores de PVC corrugado de 315 milímetros de diámetro.

No que se refire ao pavimento, vaise intercalar pavimento de formigón de 20 centímetros de espesor con adoquín de formigón recto de dimensións 20x15x8, que irán colocados sobre morteiro de cemento. Tamén situarase baldosa hidráulica nun tramo puntual.

Por outra parte, tamén se procederá á construción dunha canalización eléctrica soterrada pola rúa Blanco Amor.

14 de maio de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.