Comezan os labores de acondicionamento e pavimentación dos camiños situados no parque de Abesadas de Riveira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+
Inicio dos traballos

Inicio dos traballos

O Concello de Riveira informa do inicio dunha nova actuación dirixida ao acondicionamento dos camiños que se estenden polo parque de Abesadas. Operarios da empresa Alberto Pérez Sampedro comezaron esta mañá uns traballos que pretenden evitar que en epoca de choivas se produzan enchoupamentos das vías e zonas de tránsito, algo que se produce con relativa frecuencia. O importe da acción ascende 31.565,75 euros e o prazo de execución son dous meses.

Pola súa situación a carón dun colexio (Galaxia) e de numerosos establecementos comerciais, a obra non só beneficiará aos veciños do barrio, senón tamén aos nenos que son usuarios do parque infantil (actualmente hai censados no concello arredor de 3.000 nenos menores de 10 anos) e, en xeral, a todos os habitantes do municipio ao ser un lugar moi transitado.

A actuación focalízase nos camiños de zahorra que rodean a área de xogos infantís e as zonas axardinadas. Debido ás frecuentes e abundantes choivas, estas pistas deterióranse con facilidade, aparecendo grandes surcos que dificultan o tránsito dos viandantes, o que obriga ao Concello a ter que realizar continuos traballos de mantemento.

Así e logo, o proxecto que se vai executar consiste na pavimentación destes camiños cun pavimento continuo terrizo de 15 centímetros de espesor disposto sobre unha capa de 20 centímetros de zahorra artificial compactada.

Previamente, será necesario retirar parte da zahorra existente, para non alterar as cotas, e compactar debidamente a explanada. O proxecto tamén inclúe a instalación dunha rede de pluviais que permita a recollida de augas superficiais. O parque de Abesadas conta cunha superficie de 2.640,71 metros.

4 de maio de 2015 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.