Comezan o acondicionamento dun camiño rural de 175 metros no lugar de Outeiro

Tarefas de acondicionamento
O Concello de Riveira informa de que esta semana deron comezo os traballos de mellora do primeiro de cinco camiños que a Administración Municipal vai acondicionar con cargo ao Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader e subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.
Neste caso, os operarios da empresa que resultou adxudicataria da actuación (Construcciones Ponciano Nieto, S.L.) principiaron o seu labor nun camiño situado no lugar de Outeiro (Artes), moi preto da igrexa parroquial.
Este vial ten unha lonxitude de 175 metros e acabado en zahorra. A intención é estender unha mestura bituminosa en quente para mellorar o tránsito e evitar o seu enchoupamento en época de chuvias.
Acto seguido se procederá a acondicionar outras catro vías: dúas en Salmón (parroquia de Oleiros); unha en Espiñeirido, (Olveira) e unha en Laxes (Carreira).
O importe global da actuación ascende a 63.629,91 euros e dela se ven beneficiados ata 537 veciños que habitan nos núcleos antes citados. O prazo de desenvolvemento das obras é de dous meses.











