Comezan as labores de acondicionamento de dous camiños rurais no lugar de Salmón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

O Concello de Riveira informa de que esta semana deron comezo os traballos de mellora de dous novos camiños rurais que a Administración Municipal está acondicionando con cargo ao Programa de mellora de camiños de titularidade municipal 2014-2015, cofinanciado con fondos Feader e subvencionado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

Neste caso, os operarios da empresa que resultou adxudicataria da actuación (Construcciones Ponciano Nieto, S.L.) están traballando en dous camiños situados no lugar de Salmón, na parroquia de Oleiros.

Concretamente, trátase de dúas vías de 90 e 182 metros de longo. A primeria ten un firme de terra natural con maleza, mentres que o segundo posúe un tramo central de triple pavimento asfáltico en mal estado e pavimento de terra natural con vexetación nas marxes. En ambos casos preténdese estender unha base de macadam e un triple tratamento asfáltico, ademais de desbrozalos e limpalos.

O importe global da actuación, que inclúe a mellora doutros tres camiños en Outeiro (Artes), Laxes (Carreira) e Espiñeirido (Olveira), ascende a 63.629,91 euros e dela se ven beneficiados ata 537 veciños que habitan nos núcleos antes citados.

13 de maio de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.