Carla Lorenzo, Uxía Barros e Sonia Troitiño gañan o Certame de Microrrelatos e Microcurtas do Concello de Silleda
O xurado do Concurso de Microcurtas e Microrrelatos convocado polo departamento municipal de Normalización Lingüística, que dirixe Margarita Campos, vén de emitir o seu fallo. Esta quinta edición, na que se presentaron preto de 60 traballos en total, volveu a amosar o interese que suscita esta convocatoria, xa consolidada no axenda silledense. O certame adicouse este ano á integración social .
No apartado de Microcurtas, o traballo gañador foi “Aquí cabemos todos”, realizado por Sonia Troitiño, aluma do IES Pintor Colmeiro. O xurado estivo composto por Loli Iglesias (Ordes, 1989), licenciada en Comunicación Audiovisual e Master en Dirección e Realización pola Universidade Ramón Llull de Barcelona, traballadora de Portico Audiovisual; e por Daniel Vilaverde (Proupín, 1989) , tamén licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Creación, Desenvolvemento e Comercialización de Contidos Audiovisuais pola Universidade de Vigo. É director e guionista de curtametraxes como “A culpa é dos pais” ou “Bilingüismo cordial”., ademais de creador do proxecto musical “autOOdio” (xunto a Rubén Lino) e da webserie “Poetarras” (xunto a Rubén Lino e Manuel Gago), gañadora do premio á mellor webserie en lingua galega da 1ª edición do Carballo Interplay.
En canto ao certame narrativo, na categoría de 6 a 12 anos, gañou o microrrelato titulado “Desafiuzamento”, presentado baixo o pseudónimo Lacar, que resultou ser da autoría de Carla Lorenzo Pérez, alumna do Colexio Plurilingüe María Inmaculada.
E na categoría de 13 anos en adiante, o xurado elixiu por unanimidade o traballo titulado Pleno Século XXI, presentado baixo o pseudónimo Aixuba, que foi realizado por Uxía Barros Rodríguez, alumna tamén do María Inmaculada.
A orixinalidade das propostas, e a calidade literaria son algúns dos rasgos destacados polo xurado da narrativa, composto polos xornalistas Salomé Soutelo de Faro de Vigo; Raquel Torres, do Diario de Pontevedra e Pablo Viz, de La Voz de Galicia.
A entrega dos galardóns terá lugar mañá venres ás 19.30 hroas no salón de Plenos do Concello. Así mesmo, os centros aos que pertencen as alumnas gañadoras levarán tamén un lote de libros en galego.
A concelleira Margarita Campos felicita tanto aos gañadores como ao resto de participantes “que cada vez nos poñen máis difícil a elección”, destacando a calidade dos traballos presentados. Tamén agradece a colaboración dos integrantes dos dous xurados.
O certame xurdiu hai 4 anos como fórmula para incentivar o uso do galego entre a poboación máis nova, potenciando ao mesmo tempo a creatividade.











