publicidade hoxe

As asociacións do Porriño celebran o fin de curso cun programa cheo de actividades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Porriño
A-
A+

As diferentes asociacións culturais, de veciños e de amas de casa do Concello do Porriño celebran esta semana o seu fin de curso con diferentes actividades culturais e deportivas organizadas pola concellaría de Cultura, que dirixe Teresa Veloso. 

A programación comeza este mesmo venres cando, a partir das 20:30 horas, a praza Arquitecto Antonio Palacios acolla unha demostración de ximnasia, aerobic e pilates. Xa o sábado, o mesmo espazo fará ás veces de sala de exposicións dos traballos realizados nos diversos talleres celebrados ao longo do curso, que inclúen pintura, manualidades, arte floral e labores e que estarán expostos a partir das 16:00 horas. O mesmo día, como broche final á xornada poderemos gozar dos playbacks das diferentes asociacións.

E como non, a música ocupa un lugar especial nesta celebración. Así, as agrupacións de canto coral das diferentes asociacións veciñais participarán o domingo, a partir das 20:00 horas, no Encontro de Corais que se celebrará no Círculo Recreativo Cultural

27 de maio de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.