Apróbase a adxudicación da obra para a renovación de servizos e pavimentación da rúa Peñón
O Concello de Riveira informa da adxudicación hoxe en Xunta de Goberno Local das esperadas obras de renovación de servizos e pavimentación de rúa Peñón, vía situada na parroquia de Palmeira.
O obxectivo da actuación é o de renovar o vial a través da instalación dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 75 milímetros de diámetro e 330 metros de lonxitude que servirá para realizar o abastecemento de auga. Para a canalización das augas pluviais instalarase unha tubaxe de PVC corrugado de 315 milímtros de diámetro e 250 metros de longo. Tamén se colocará unha tubaxe de PVC compacta de 315 milímetros de diámetro e 270 metros de longo para o saneamento.
A outra parte de obra consiste na pavimentación da vía, que actualmente encóntrase nun avanzado estado de deterioro, contando con numerosos baches e disgragacións. Para isto, empregaránse 1.542 metros cadarados de formigón pulido, intercalados con 86,40 metros cadrados de adoquíns de granito.
O prezo total da obra ascende a 176.854,97 euros, IVE incluído. A empresa encargada de levar a cabo está actuación será Construcciones Jenaro Cadaval, S.L. Ten un prazo de execución de catro meses.











